A PRIMEIRA MEDIA MARATÓN NA CAPITAL GALEGA
Circuíto urbano sobre asfalto homologado pola RFEA e incluído no Calendario Internacional de World Athletics e na FGA.
PERCORRIDO URBANO E TRAMO XACOBEO
Saída na Avenida de Lugo (Rúa dos Concheiros) e meta na Praza do Obradoiro, con 5 caixóns de saída e un tramo intermedio cronometrado, Tramo Xacobeo (~2.500 m, km 7,2 ao 9,7), con premio de 300 €.
FEIRA DO CORREDOR E I MINI MEDIA
Recollida previa de dorsais o 29 e 30 de abril en As Cancelas e o 1 de maio na Feira do Corredor (sen entrega o domingo). O sábado ás 17:00 h celebraranse as probas infantís no Parque da Alameda.
ATENCIÓN AO CORREDOR E PREMIOS
Avituallamentos nos km 5, 10 e 15 e en meta, gardarroupa, duchas, asistencia sanitaria, medalla de finalización, bolsa do corredor e premios en metálico para clasificación absoluta, galega, local e equipos.